Escuela Municipal de Música

Educación Música
Escola Municipal de Música de Negreira

Negreira reserva un espazo privilexiado dentro da súa oferta educativa para a música. Por iso, os nenos dende os catro anos poden acudir á EMMN para recibir unha formación musical na nosa escola oficial inscrita no rexistro de escolas de música y danza da Xunta de Galicia.

Modalidades de matrícula

- Música e Movemento 1 e 2: De 4 a 6 anos

- Iniciación Musical 1 e 2: De 6 a 8 anos

- Linguaxe musical 1,2,3 e 4: A partir de 8-9 anos

- Adultos 1 e 2: Pensado para que ninguén quede sen poder estudar música debido a súa idade.

- Só instrumento: Pensado para todos aqueles alumnos que terminen cos 4 cursos de linguaxe musical e queiran continuar connosco.

- Só conxuntos: Pensado para alumnos que solo queiran ir a coro, conxunto de gaitas ou conxunto de acordeóns.

Táboa de cursos

Preguntas frecuentes

Escola Municipal de Música de Negreira 2

Especialidades instrumentales:

Conjuntos:

Banda
  • Banda infantil
  • Coro
  • Conxunto de Gaitas
  • Conxunto de corda
  • Conxunto de acordeóns

Información matrícula:

Escola Municipal de Música de Negreira 3

O prazo de matrícula para novos alumnos ábrese en xullo e termina a primeira semana de setembro.

A segunda quincena de xuño ábrese un prazo para que os que xa sexan alumnos/as da EMMN poidan renovar a súa matrícula e non perdan a praza.

A matrícula pódese realizar de forma presencial no Rexistro Municipal do Concello de Negreira ou de forma online na Sede Electrónica do Concello de Negreira.

Folla de matrícula

 
A ESCOLA DE MUSICA está financiada pola DEPUTACION PROVINCIAL DA CORUÑA 
Deputación da Coruña