Proceso de selección nova brigada forestal
O Concello de Negreira anuncia a apertura do proceso de selección para a contratación de seis (6) operarios que integrarán a brigada forestal municipal. Esta iniciativa enmárcase dentro das actuacións de protección do entorno natural e o cumprimento da normativa autonómica en materia de defensa contra o lume.
A data límite para anotarse na Oficina de Emprego é o 19 de maio de 2026.
Detalles da convocatoria
A selección realizarase entre os demandantes de emprego que cumpran os seguintes requisitos e condicións:
- Perfil: Persoas desempregadas inscritas na Oficina de Emprego Santiago Norte.
- Código de Ocupación: 64101051 (Traballadores forestais en xeral).
- Condicións laborais: Contrato de 9 meses de duración a xornada completa.
Para obter todos os detalles técnicos, requisitos específicos e a normativa completa deste proceso selectivo, pódese consultar o documento adxunto no que se atopa toda a información oficial referente á convocatoria, sistema de puntuación e os modelos de solicitude.