Superada a auditoría do Centro Criptolóxico Nacional

O Concello de Negreira alcanza con éxito a certificación no Esquema Nacional de Seguridade. Cando a Irixoa, o noso Concello superou a auditoria do Centro Criptolóxico Nacional sendo a primeira vez que consegue esta acreditación, de conformidade co ENS que outorga o Centro Criptolóxico Nacional para os sistemas que soportan a tramitación dos servizos descritos no Perfil de Cumprimento Específico de Requisitos Esenciais de Seguridade (CCN-STIC 890A).

Comezan as Escolas Deportivas 2025/26

As Escolas Deportivas rexistran a maior cifra de usuari@s da súa historia xa que un total de 725 persoas poderán desfrutar dalgunha das 19 actividades ofertadas para esta tempada 2025/26.

O Concello de Negreira pretende dar servizo a todos os grupos de idade, o que demostra a gran aceptación que seguen tendo as escolas municipais que son unha referencia non só a nivel local, senón tamén a nivel comarcal, xa que son moitas as persoas usuarias que proceden de concellos da contorna.

A duración das escolas é de oito meses, comezando hoxe mércores 1 de outubro e rematando o 29 de maio de 2026. Cómpre salientar que entre a oferta, as disciplinas de pádel, pilates e ximnasia de maiores son as que máis usuarios agrupan.

Dende o Concello de Negreira salientamos o “éxito” e a “extraordinaria acollida” que seguen tendo as escolas deportivas nunha clara aposta polos hábitos saudables, a práctica deportiva e o fomento da vida activa, tratando de alcanzar as necesidades dos nosos veciños e veciñas.

Lista de actividades e grupos
 

MELLORAMOS O ACCESO A PORTOR

 O Concello de Negreira executou o aglomerado en quente da vía municipal entre a estrada autonómica AC-447 e a parroquia de de Portor, cun investimento de 116.000 euros mediante fondos do Plan de Obras POS+2024. Tratábase dunha vella demanda veciñal polo deterioro do firme do vial de acceso a Portor. 

MELLORAMOS O ACCESO A PORTOR  2

 Dentro do Plan de Obras 2024 (POS+2024), está pendente a execución do proxecto da rede de saneamento e estación de bombeo de augas residuais do lugar de Abeanca. O orzamento é de 69.000 euros. E en fase de avaliación áchase o proxecto de aglomerado na Chancela, avenida de Santiago e vial en Cobas, por 43.000 euros, dentro do Plan Adicional, así como a adquisición dun tractor para tarefas medioambientais dentro do Fondo de Compensación Ambiental por un importe de 57.600 euros. 

O Concello ten pendente de adxudicación un terceiro proxecto: o Plan Camiña Rural, da Consellaría do Medio Rural por valor de 70.000 euros para a mellora de camiños en Babión e Campolongo.  

MELLORAMOS O ACCESO A PORTOR  3

O Concello vén ademais de acometer a instalación dunha bancada para o público na pista de tenis do Complexo Deportivo Municipal de Pedra Mámoa, despois da completa mellora acometida co arranxo das tres canchadas de xogo. 

"IV CONCURSO FOTOGRÁFICO DO DÍA DA MULLER RURAL"

O Concello de Negreira promove o IV Concurso fotográfico “Día da Muller Rural de Negreira”, co gallo da celebración o vindeiro día 15 de outubro do Día Internacional da Muller Rural. A finalidade do certame é reivindicar o papel da muller no mundo rural, buscándose fotografías que incidan no concepto de orgullo da realidade rural das mulleres de Negreira. 

O obxectivo é facer partícipes ás persoas para que fagan chegar as súas instantáneas, nas que as mulleres deben ter un papel protagonista, con especial atención a aquelas fotografías que plasmen as actividades de agricultura e gandería, así como aquelas outras que se enmarquen dentro do ámbito rural. 

O prazo para presentar as instantáneas será do 1 ao 10 de outubro de 2025 (ata as 23.59 horas) e deberán ser enviadas ao correo: cim@concellodenegreira.es. O fallo do xurado será publicado na web do Concello de Negreira antes do día 13 de outubro. 

As persoas interesadas en participar poderán facelo en dúas categorías:

  • Maiores (de 18 anos en diante)
  • Rapazada (menores de 18 anos). 

O premio será un vale de 100 € para cada unha das categorías para compras no comercio local do Concello de Negreira.

A continuación, publícanse as bases que rexerán o concurso, así como os demais documentos necesarios para a participación

OTOÑO CULTURAL 2

17 actividades compoñen o Outono cultural deste 2025...

Teatro - Titeres - Danza - Música Presentación de libros - Certame de Poesía- Exposicións-Contacontos...

Unha programación  da máxima calidade con actividades para todalas idades e  tódolos gustos a precios reducidos ao máximo ou gratuitas...

Non aí excusas,  SÓ FALTAS TI.

Agradecemento especial a tódalas institucións que a fan posible:

  • Circuítos culturais da Deputación de A Coruña
  • Outono das Artes da  Deputación de A Coruña.
  • Rede Galega de teatros e auditorios de Agadic - Xunta.
  • Xacobeo.gal

Toda a información nas redes de Cultura Negreira.

Venda anticipada de entradas en www.woutick.es ou oficina de cultura de 08:00 a 14:00h.

#culturanegreira #outonocultural #certamedepoesiaardeiro #redegalegadeteatroseauditorios
#outonodasartes #aculturaeundereito
#auditorioafonsoeanesdocoton

PRESENTADA A 44ª EDICIÓN DA CLÁSICA DE NEGREIRA

A cuadraxésima cuarta edición de  A Clásica, a Carreira Internacional de Negreira, foi presentada polo Concello como organizador dun evento incluido no calendario nacional da Federación Española de Atletismo e que se celebrará o domingo 2 de novembro. Inclúe duas probas principais, o 5K e o 10K. Ademáis, terá catro probas escolares. As inscricións están abertas na web emesports.es cun prezo de oito euros para adultos ata o 12 de outubre. Con posterioridade serán dez, ata o peche do prazo.

Na presentación, na que oficiaron como anfitrións o alcalde, Manuel Ángel Leis,  a concelleira de Deportes, Mar García Vidal, e contou coa presenza de representantes do Club Triatlón O Cotón e do Club Atletismo Negreira. Avanzouse que haberá un novo circuito homologado, tratando de melloralo para os corredores.

Un ano máis, na Clásica de Negreira repartiránse 6.000 euros en premios e espérase unha representación de atletas africanos que a convirten en todo un espectáculo para os amantes do running.

Mais info
 

NOVO HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO

O Concello de Negreira informa á cidadanía en xeral da implantación dun novo horario de atención ó público nas oficinas e departamentos municipais da Casa do Concello, na rúa do Carme 3, a partir do martes 23 de setembro, e que vai de 09:00 a 14:00 horas e que responde á necesidade pola carga de traballo en momentos puntuais, de realizar unha labor máis eficaz no día a día.

As dúas horas restantes, de 8 a 9 e de 14 a 15 horas, respectivamente, foron fixadas para organizarse e realizar traballos previos por parte de cada departamento municipal.     

 XIV Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro

Abrese o prazo para poder participar no XIV Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro.
Estara aberto ata o 16 de decembro  e o fallo do xurado e entrega de premios esta prevista para o 16 de xaneiro de 2026 no Auditorio Afonso Eanes do Cotón.

Manteñense os premios de 2500€ mais a publicación do libro para o gañador e de 500€ para o finalista , no que é xa un dos Certames de Poesía  mais importantes da nosa Comunidade Autonoma.

Agradecer  a colaboración da Secretaría Xeral de Cultura  para poder levalo a cabo xunto co Concello de Negreira.

Mais información en : 

email: marcos.perez@concellodenegreira.es

telefono:676454879

Redes: facebook cultura negreira - instagram: @culturanegreira