RAUL MUSIC

A Escola Municipal de Música que dirixe Raúl Martín Niñerola pechou a súa matrícula para o curso 2025/26 que comeza o próximo mércores, día 1 de outubro, nas dependencias da escola na última planta do Centro Sociocultural. En total son 106 alumnos e alumnas matriculadas, sendo moi compensada a matrícula por instrumentos, tal e como sinala o seu director. 

A presentación do curso realizarase o venres 26 de setembro, ás 18:00 horas no auditorio Afonso Eanes do Cotón, asignándose os horarios de instrumentos. Con respecto aos anteriores cursos, a Escola Municipal de Música presenta certas novidades: «Cambiamos a metodoloxía de linguaxe musical. Utilizamos a metodoloxía de I-MUSI que incorpora o libro físico, libro dixital e a plataforma interactiva», segundo subraia Raúl Martín que engade «é unha metodoloxía moi progresiva e intuitiva que agardamos guste ao noso alumnado e ás familias», declarou.  

Por último, hai cambios en canto ás audicións musicais durante o curso: haberá dúas no Nadal e outras dúas ao final do curso; e antes das vacacións de Semana Santa celebrarase a Semana Musical.  
 

ESCOLAS CULTURAIS 2025/26

O próximo luns 15 e ata o 29 de outubro abrese o prazo para anotarse nas escolas culturais.

Pintura, Teatro, Pandeireta, Sevillanas (Flamenco), Baile Galego, Baile Moderno e Informática aplicada ao manexo do móbil son as escolas ofertadas está tempada.

Nos anexos tendes os horarios e prezos, podedes descargala fichae mandala por email: marcos.perez@concellodenegreira.es ou wasupp ou facela presencial na oficina de cultura de 08:00 a 14:00h.

#culturanegreira #escolasculturais #aculturaeundereito
 

O WAKAU CHEGA AO PARQUE DO COTO

O venres 12 de setembro vaise a celebrar unha nova edición do Wakau Urban Fest, unha iniciativa de cultura urbana en donde os deportes como o skate, parkour ou baloncesto 3x3 van a estar presentes.

Haberá tamén xogos para os máis pequenos como pintura de camisetas, inchables deportivos e zonas para pintar.

Ven a disfrutar das últimas xornadas deste verán 2025 en compaña dos teus amigos a partir das 17:30 h no Parque do Coto.

Programa:

  • Venres 12 setembro
    • 17:30 h.- Obradoiro de Cap Paint
    • 18:00 h.- Obradoiro Hip-Hop
    • 18:30 h.- Skate Park
    • 18:30 h.- Deslizador
    • 19:00 h.- Parkour Park
    • 20:30 h.- Concurso baile: Premios para os 3 mellores duos/grupos
  • Sábado 13 setembro
    • 10:30 h.- Día da Bicicleta
    • 17:00 h.- Concurso Basket 3x3

+ información

OUTONO DAS ARTES

O Concello de Negreira contará neste segundo semestre con catro actuacións  dentro de Outono das Artes da Deputación de A Coruña , dende o Departamento de cultura , sinalan a calidade e variedade na programación desta campaña.

O sábado 20 de setembro inagurase con  TromsØ  da compañía  Morraoconto unha reflexión en clave de humor dende a perda cunha posta en escea que non deixara indiferente a nadie , o venres 3 de outubro Blues de Medianoite de Laboratorio escénico , exercicio multidisciplinar de Danza,Música e Teatro para que afloren os sentidos , sábado 25 de outubro  Nanai da china de Pérez&Fernández, espéctaculo de monicreques gañador do Maria Casates no 2024 nesta categoria e  o  venres 12 de decembro As Desterradas de Produccións Excéntricas , a obra de Carme Varela maxistralmente dirixida por Quico Cadaval sobre a resistencia das monxas a xerarquía eclesiática no século XVI .

Todalas funcións   faránse no Auditorio Afonso  Eanes  do Cotón coa venda de entradas en www.woutick.es  ou na  oficina de cultura cos prezos de 3€ entrada xeral para todos.

PLENO ORDINARIO DE SETEMBRO

Comunícase a veciñanza que a Corporación Municipal de Negreira celebrará Pleno en sesión ordinaria, o luns día 8 de setembro de 2025, ás 21:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  • Primeiro.- Dar conta dos Decretos de Alcaldía emitidos dende o último Pleno     Ordinario: do nº 237/2025 ó nº 295/2025, ambos inclusive.
  • Segundo.- Modificación da Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo da Escola Infantil Municipal.- Expediente Núm. 2025/G015/000001.
  • Terceiro.- Festivos locais 2026.-  Expediente Núm. 2025/X006/000062.
  • Cuarto.- Moción que formula o Bloque Nacionalista Galego (BNG) en relación ó complexo megalítico do monte Corzán.
  • Quinto.- Rogos e preguntas.
XVII DIA DA BICICLETA

O sábado 13 de setembro, celebrarase na nosa vila a 17ª edición do Día da Bicicleta, organizado polo Concello e a Peña Ciclista Mancebo.

As persoas participantes concentraranse ás dez da maña xunto á explanada do instituto Xulián Magariños. Media hora máis tarde terá lugar a saída infantil, cun percorrido de 1,2 km, e ás once sairán os adultos, que percorrerán unha distancia de 10 km.

Trátase, polo tanto, dunha actividade dirixida a todas as idades na que ademais haberá un agasallo e un refrixerio para cada participante. Iso si: o uso de casco será obrigatorio.

Así mesmo, coincidindo con este evento, sortearanse distintos agasallos doados polas entidades colaboradoras.

As persoas interesadas poden anotarse na Delegación de Deportes, na 1ª planta da Casa da Cultura, ou ben a través do teléfono 981 885 886 ou no seguinte enlace: 

INSCRICIÓN

 

 

galega de teatros e auditorios

O Concello de Negreira contará neste segundo semestre con catro actuacións  dentro da RGTA , dende o Departamento de cultura , sinalan a calidade e variedade na programación para este segundo semestre.

O sábado 6 de setembro inagurase co pasarrúas de Errantes de Troula animación complimentando a Feira do Románico, o venres 24 de outubro As R(h)umorosas con Marta Doviro, Ledicia Sola e Carmen Méndez unha comedia onden cantan , bailan e  para rir ata non parar, o sábado 15 de novembro  Las Preciosas Ridiculas da compañía Arroz con costra de Valencia, unha oportunidade única de ver unha adaptación os tempos modernos dun clásico do teatro do século XVII de Moliere e cunha posta en escea espectacular e xa por último o venres 21 de novembro Sen Lingua de Serea teatro  un drama  que fala da violencia de xenero e que nos ven a concienzar cun problema da nosa sociedade.

O pasarrúas sera gratuito loxicamente, as outras tres  faránse no Auditorio Afonso  Eanes  do Cotón coa venda de entradas en www.woutick.es  ou na  oficina de cultura cos prezos de 5€ entrada xeral e descontos do 30%  a persoas maiores de 60 anos e mozos co carné xove ao prezo 3,5€.

O CONCELLO DE NEGREIRA OFERTA MÁIS DE 20 ACTIVIDADES DEPORTIVAS PARA NENOS E ADULTOS, EN DISTINTOS HORARIOS E LOCALIZACIÓNS

O Concello de Negreira oferta máis de 20 actividades deportivas para nenos e adultos, en distintos horarios e localizacións. Ata o día 30 de setembro podes facer efectiva a túa inscrición na Delegación de Deportes (Casa da Cultura), en horario de mañá.

Para facer efectiva a matrícula en calquera actividade, debes levar a cabo os seguintes pasos:

  1. Cubrir a folla de inscrición das actividades que che interesen
  2. Entregar a folla de inscrición cuberta, na Delegación de Deportes ou enviar escaneado o documento ao email: alvaro.lira@concellodenegreira.es
  3. Pagar a cota de inscrición na conta bancaria do Concello de Negreira.
    1. IBAN: ES33 2080 0305 0131 1000 0021 (Abanca)
    2. IBAN: ES15 0081 2153 2400 0104 6411 (Sabadell)
  4. No recibo debes indicar nome alumno/a e actividade/es.
  5. Prezo:
    1. 1 actividade: 80 €
    2. 2 actividades: 140 €
    3. 3 actividades: 195 €
    4. En caso de ser familia directa (pais/fillos):
      1. 2 irmáns: 140 €
      2. 3 irmáns: 195 €
  6. Tes que enviar copia do recibo ao email:, ou entregala de forma presencial na oficina de Deportes.
  7. Para dúbidas podes chamar ó número: 981 885 886
  8. As clases comezan o 1 de outubro.

MAIS INFO: ESCOLAS DEPORTIVAS PDF
 

A SD NEGREIRA GAÑA A SUPERCOPA GALICIA

A Sociedade Deportiva Negreira segue facendo historia e este último día de agosto conquistou a primeira edición da Supercopa Galicia, promovida pola Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), e fíxoo no campo municipal Jesús García Calvo vencendo 1-0 ao conxunto da SD Cultural Areas, do concello de Ponteareas (Pontevedra), grazas a un solitario gol de Gonzalo Suárez no minuto 63 de partido. 

O municipal negreirés viviu un ambiente das grandes ocasións e agora desputará a fase previa da Copa do Rei contra un equipo asturiano ou cántabro, e no suposto de superar esta eliminatoria a dobre partido na última fin de semana de setembro e maila primeira de outubro, mediríase como local a un equipo da Primeira División

O partido estivo marcado pola igualdade, cun maior dominio e chegadas do Cultural Areas no primeiro tempo, se ben, nos últimos minutos do primeiro acto a SD Negreira puido adiantarse no marcador pois dispuso de ata tres ocasións claras de gol. Todo cambio una segunda parte cos trocos introducidos polos locais coa entrada de Adrián Pereira e Martín Pereira que revolucionaron o choque e foi o Negreira o que tivo as mellores ocasións para poñerse en vantaxe, destacando a figura do porteiro visitante Tielas que coas súas paradas mantivo ao Areas na final. 

 

A SD NEGREIRA GAÑA A SUPERCOPA GALICIA2

 

Na entrega final de medallas e maila supercopa participou o alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez que cando ao presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto, foron os encargados de entregarlle o trofeo de campións ao capitán da SD Negreira, Juan Diego Rodríguez.

A nosa felicitación en nome da Corporación Municipal de Negreira por este novo fito histórico e o feito de gañar un trofeo tan importante cando aínda está a piques de comezar a Liga 2025/26.    

Concilia

RESOLUCIÓN MADRUGADORES E MERENDAS